Tranquilidade para ti, benestar para o teu familiar

En Centro Aurum coidamos das persoas maiores con dedicación, profesionalidade e cercanía, ofrecéndolles unha atención integral adaptada ás súas necesidades. Para que ti te sintas acompañado e o teu familiar como na súa casa.

Centro de día en Zas, A Coruña Atención próxima e profesional Coidado especializado para persoas maiores Confianza, calma e benestar diario Contacto directo por WhatsApp Centro de día en Zas, A Coruña Atención próxima e profesional Coidado especializado para persoas maiores Confianza, calma e benestar diario Contacto directo por WhatsApp

Un centro pensado para coidar, acompañar e compartir

Sobre Nós

Centros Aurum naceu cunha convicción clara: as persoas maiores merecen moito máis que atención médica. Merecen alegría, estímulo, conexión e sentirse parte dunha comunidade.

Dende a nosa sede en Zas, A Coruña, acompañamos cada día a persoas maiores e ás súas familias. Ofrecemos un espazo no que cada persoa recibe unha atención personalizada, respetando a súa historia, as súas necesidades e o seu ritmo.

Profesionais que coidan con vocación e humanidade

O NOSO EQUIPO

Contamos cun equipo interdisciplinar non multidisciplinar.

Dirección

Terapeuta ocupacional

Enfermaría

Integradora social

Auxiliares e xerocultoras

Chófer

Unha atención adaptada a cada persoa

A NOSA FORMA DE COIDAR

Escoitamos, acompañamos e adaptamos a atención ás necesidades, capacidades e preferencias de cada persoa.

Obxectivos personalizados

Deseñamos obxectivos individuais que se adaptan ás capacidades, necesidades e evolución de cada persoa.

Atención centrada na persoa

para ofrecer unha atención persoal e respectuosa, en lugar de ofrecer: un coidado próximo e humano.

Horarios flexibles

Ofrecemos flexibilidade horaria para facilitar a conciliación e adaptarnos ás necesidades de cada familia.

En que podemos axudarte

Servizos

Ofrecemos un conxunto completo de servizos especializados para garantir o benestar físico, mental e emocional de cada persoa.

Enfermaría

Curas, control da medicación e seguimento do estado de saúde por persoal cualificado.

Transporte adaptado

Recollida e retorno ao domicilio en vehículos adaptados e seguros. Asistencia diaria sen esforzo para a familia.

Comedor

Menús adaptados ás necesidades alimentarias e nutricionais de cada persoa.

Rehabilitación funcional

Actividades adaptadas para manter e mellorar a mobilidade, a autonomía e as capacidades funcionais.

Atención social e psicolóxica

Apoio emocional, seguimento do estado anímico e coordinación coas familias a través do noso equipo.

Aseo e hixiene persoal

Apoio no aseo persoal diario, coa posibilidade de servizo de duchas.

Cada día é unha nova oportunidade​

ACTIVIDADES

Deseñamos un programa de actividades variado e adaptado que mantén a mente activa, fomenta as relacións sociais e mellora o benestar emocional e físico de cada persoa.

Estimulación cognitiva

Actividades e exercicios deseñadas para estimular a memoria, a atención , a orientacion e outras capacidades cognitivas

Adestramento de ABVD

Actividades adaptadas para favorecer

Estimulación sensorial

Actividades adaptadas para estimular os sentidos, favorecer a conexión coa contorna e promover o benestar.

Xerontoximnasia

Exercicios adaptados de mobilidade, coordinación e equilibrio para manter a autonomía e o benestar físico.

Ocio

Propostas lúdicas como xogos, actividades musicais, saídas ó exterior e moitas outras , para gozar, compartir momentos e fortalecer as relacións sociais.

Tempo libre

Momentos para descansar, tomar o sol, ver a televisión ou gozar tranquilamente segundo as preferencias de cada persoa.

Cada día é unha nova oportunidade​

Damos o primeiro paso xuntos

Invitámoste a visitar as nosas instalacións sen ningún compromiso. Ver o centro, coñecer ao equipo e sentir o ambiente é a mellor forma de saber se somos a opción adecuada para o teu familiar.

Plans adaptados a cada familia

Tarifas

Sabemos que cada situación é única. Por iso ofrecemos tarifas flexibles adaptadas ás necesidades e posibilidades de cada usuario, sempre sen renunciar á calidade dos nosos servizos.

¿Canto custa?

O custo varía segundo os servizos incluídos, a frecuencia de asistencia e as axudas ás que teña dereito o teu familiar. Consúltanos e farémoscha unha proposta personalizada.

Primeira consulta totalmente gratuíta e sen compromiso

Respondemos en menos de 24 h · Sen compromiso

Consúltanos e farémosche unha proposta personalizada.

Ponte en contacto connosco polo canal que prefiras. Respondemos en menos de 24 horas.

Coidado integral e personalizado para persoas maiores en Zas, A Coruña. Comprometidos co benestar, a dignidade e a alegría de cada persoa.

Contacto

881 604 700

673 21 29 51

info@centrosaurum.com

Luns a Venres · 09:00 – 19:45

Aviso legal

Política de privacidad


Política de cookies

© 2026 Centros Aurum · Todos os dereitos reservados

Este sitio está registrado en wpml.org como sitio de desarrollo. Cambie a una clave de sitio de producción para remove this banner.